Derrota xusta do Antela ante o Valenzá

antela 2014-15
Derrota xusta do Antela ante o Valenzá

Partido con moitos expulsados e con claro dominio visitante

O Antela caeu derrotado 1-2 ante o Valenzá nun partido surrealista, onde quen tomou protagonismo foron as tarxetas. Ao pouco tempo de empezar o partido (minuto 2) o conxunto verde anotou o primeiro gol por mediación de Dani ao picarlle o balón o meta limiao Miguel.

Despois de este gol o equipo local foi a polo empate ye conseguino no minuto 22 por medio de Iván. No minuto 30 chegou a primeira das expulsións con roxa directa para o local Fali. Esa mesma falta foi lanzada por Beni e Peque cosechou o segundo gol para o equipo de Santi Cruz, no minuto 31.

A partir de aquí o Valenzá foi quen levou o peso do partido desaproveitando numerosas ocasións. No minuto 75 foi expulsado outro xogador local, no 86 tocoulle ó gardameta do equipo visitante e a última das expulsións foi para o limiao Iván. O resultado xa non cambiaría e o Valenzá alzouse ca vitoria.