Día grande para a “familia” do A.B. Xinzo
Alex Traveso convocado a Selección Española
A noticia oficial chegaba esta mañá a sede do club. Alex, xogador das categorías inferiores do club era convocado oficialmente a concentración que xunto con outros 24 da súa idade estarán formando parte dos que logo sairán os compoñentes da selección Española U12.
Comezou compaxinando o fútbol co basket

Alex comezou compartindo os dous deportes que lle gustaban, fútbol e baloncesto, ata que unha vez rematada a pandemia os adestradores de baloncesto, véndolle xa o seu potencial, aconsellárono a que formara parte do A.B. Xinzo, xa en exclusiva. E non se equivocaron, tan solo dous anos mais tarde, despois de xogar la liga galega de Mini, proclamándose campión de Copa e subcampión da liga infantil, nesta tempada 22/23 foi chamado polo seleccionador ourensán e despois pola selección Galega disputando o campionato de España na pasada semana Santa.
O presidente do club acaba de remitirnos o comunicado enviado aos compoñentes do club no que ademais de felicitar ao xogador e a súa familia tamén o fai aos xogadores e adestradores; todos axudades, como equipo, a que Alex consiga estes logros individuais. Noraboa aos xogadores dos equipos Mini e Infantil, a Iago e a Gabi, polo gran traballo desta tempada. Noraboa Álex por esta convocatoria coa Selección Española.
Parabéns e esperamos a seguinte noticia de que Alex forme parte dos 12 escollidos finalmente.