13 de enero de 2020, 22:13
COMUNICADO| Miguel Alonso deixa de ser adestrador do Antela FC
Despois da derrota de hoxe en Celanova o adestrador ourensán pediu a dimisión ante a directiva do club. O equipo viña de cinco partidos sen gañar e de caer eliminado ante un terceira. Dende o club agradecemos os servizos prestados, especialmente a calidade humana que mostrou tanto el como os seus compañeiros Pablo Gil e Alberto Elvira. Desexámoslle a mellor das sortes nos seus proxectos futuros e xa nos pomos mans á obra para buscar un novo adestrador.