O domingo celébrase o III Trofeo de Orientación Limiactiva no monte de Baronzás

probas
O domingo celébrase o III Trofeo de Orientación Limiactiva no monte de Baronzás

O domingo vai ser unha xornada deportiva no concello de Xinzo de Limia. Mais de 300 orientadores de todas as categorías participarán no III Trofeo de Orientación Limiactiva. Nesta edición a proba terá lugar no monte de Baronzás a partir das 10.30h. A zona de concentración vai ser no Camiño da Cerámica.

A proba vai transcorrer por un monte que se caracteriza pola súa variedade tanto de vexetación como relevo. Dende a organización recomendan ós participantes que leven polainas ou medias protectoras en tódolos percorridos.

A entrega de premios terá lugar ás 13:30h. Os trofeos entregaránselle ós tres primeiros clasificados de cada categoría oficial e ós tres primeiros clasificados de Iniciación Corta e Longa.

O Camiño da Cerámica estará cortado para o tráfico con motivo da proba. A seguridade vial corre a cargo de Protección Civil de Xinzo de Limia e tamén estará presente unha ambulancia e un médico.