Este domingo terá lugar unha nova edición do Campus "flag fútbol" en Xinzo

flag
Este domingo terá lugar unha nova edición do Campus "flag fútbol" en Xinzo

O flag fútbol é unha modalidade de fútbol americano no que se xoga sen contacto.

Este domingo terá lugar o Campus Flag Fútbol nas instalacións do José Antonio Fernández Carrera organizado polo CFA Antioquía-Limia. O flag fútbol é unha modalidade de fútbol americano no que se xoga sen contacto. Este deporte practícano homes e mulleres, ou ben en equipos do mesmo sexo ou en equipo mixto, que en Galicia é a modalidade que se xoga en liga.

Na nosa comunidade este deporte está regulado por a Asociación Galega de Fútbol Americano quen é a encargada de establecer a normativa vixente empregada en competición oficiais. Os equipos están compostos por un máximo de 15 persoas, sendo 5 as que saen ao campo.

En Xinzo este é un proxecto que comezou apenas hai uns meses –novembro do apsado ano– e que se espera que siga adiante para poder conseguir debutar na IX Liga de Flag Fútbol que comeza en marzo de 2017. Aitor Paz Portela, o presidente do Club de Fútbol Americano Antioquía-Limia, asociación promotora deste proxecto, busca un único obxectivo que é "fomentar un deporte minoritario que está en proceso de expansión na comunidade autónoma".