sábado. 30.09.2023
Deportes

Dous limiáns clasificados para o Campionato de España de kickboxing

Á cita acudiron 18 deportistas pertencentes ao Kickboxing Club Xinzo, que participaron nas categorías infantil, xuvenil e cadete, cultivando un total de 10 metais –2 ouros, 3 pratas e 5 bronces– para a escola da Limia.

IMG_1254
Os rapaces, o adestrador e as medallas que viñeron a Xinzo.

Este pasado domingo, día 5 de marzo, celebrouse na localidade pontevedresa de Arcade (Soutomaior), o Campionato Galego Oficial de Kickboxing 2017, na proba de Point Fighting, e na cal participaron máis de 200 deportistas pertencentes a 41 clubs deportivos de todo o país.

IMG_1261IMG_1260

Á cita acudiron 18 deportistas pertencentes ao Kickboxing Club Xinzo, que participaron nas categorías infantil, xuvenil e cadete, cultivando un total de 10 metais –2 ouros, 3 pratas e 5 bronces– para a escola da Limia. Assia Nouri, Roberto Cerdeiro, Paula Quintas, Laura Muíños e Hugo Araujo consiguiron facerse coa medalla de bronce; a medalla de prata foi para Abderraman Nouri, Lida Mendez e Alejandro Branco; mentres que Diego Gándara e Melanie Sirley proclamáronse campións galegos 2017, da súa categoría e peso. Deste xeito, estes dous úlitmos clasificáronse para o Campionato de España que se disputará o próximo mes de maio en Valencia.

IMG_1258IMG_1257

A teor dos resultados cultivados pola escola de Kickboxing de Xinzo neste último autonómico, é xa unha das mellores escolas infantís de kickboxing de Galicia. O adestrador da entidade limiana, o excampión mundial Cipri Gomes, di sentirse moi satisfeito dos resultados obtidos. Os seus pupilos realizaron un moi bo papel neste campionato galego. Sen tempo para descansar, comezaron xa a preparación para a súa seguinte cita do calendario federativo autonómico, que será o próximo dia 1 de abril no Pazo de Deportes de Ourense.

IMG_1256IMG_1255IMG_1241