Douscentos nenos participaron, por quendas, na festa que promoveu o Concello pola fin de tempada dos equipos federados

206245693_4115204045235816_4040286849277168343_n
Douscentos nenos participaron, por quendas, na festa que promoveu o Concello pola fin de tempada dos equipos federados

Despois de todo o vivido nos últimos meses por mor da pandemia, os rapaces merecían unha festa por todo o alto. Douscentos nenos participaron na celebración que promoveu a concellería de Deportes que dirixe Rafa Penabad con motivo da fin de temporada dos equipos federados de base, Escolas Deportivas A. Baloncesto Xinzo e Limiactiva. A Moreira foi o escenario no que se instalaron inchables, iso sí, deberon xogar por quendas e agrupados por equipos, tendo en conta as medidas de seguridade. É o primeiro ano que se celebra así o fin da tempada e co inicio do novo curso deportivo, está previsto que o Concello e os clubes organicen unha gala, tamén por primeira vez.

FIN DE TEMPADA2

Monitores e adestradores dos equipos, participando tamén na festa