Elvira Lama, xogará a partir de xaneiro no equipo Sénior do A.B.Xinzo

Elvira Lama probando para fichar polo A.B. Xinzo
Elvira Lama, xogará a partir de xaneiro no equipo Sénior do A.B.Xinzo

Estivo facendo unha pequena proba esta semana no pavillón

Esta mesma semana, Elvira Lama estivo no pavillón de deportes de Xinzo presentando o torneo solidario de 3 x 3 xunto con membros da directiva do A.B. Xinzo.

Despois da presentación Luis M. Gil, ex concelleiro de deportes e responsable máximo da club A.B. Xinzo ante a insistencia da alcaldesa de que ela quería facer algo de deporte, para contrarrestar as horas que ten que estar sentada na alcaldía, respondeulle que el persoalmente estaría encantado, e como non tamén o club de tela como xogadora.

Temos algunha ficha libre todavía no equipo Sénior feminino e si quere pode incorporarse, manifestou Luis M.

Polo de pronto a primeira proba fíxoa no momento e a verdade e que non conseguiu canasta, pero con adestramento todo se consigue.