Un empate que non soubo tan mal

Campo da Moreira 15.01.23
Un empate que non soubo tan mal

278 persoas viron o Antela-Portonovo a 5º C

O Antela non foi quen de gañar ao Portonovo nunha fría tarde de xaneiro no campo local.

Os dous equipos tiveron moitas ocasións de facer porta, pero ao fin do encontro o marcador marcou o definitivo 1-1.

Bastante xente foi a que se acercou ata a Moreira para presenciar o partido, sen collerlle medo aos 5ºC que había na tarde de hoxe.

O Antela con este punto segue a manterse na metade mesma da táboa clasificatoria.

A semana que ven o equipo local desprazarase ata o campo do Racing de Castrelos, último na táboa clasificatoria.