Empate con sabor a vitoria para fútbol sala feminino

P3144489
Empate con sabor a vitoria para fútbol sala feminino

O Xinzo Feminino empatou co EDC Celanova nun partido moi complicado

Este sábado, o Xinzo Feminino recibiu a visita do segundo clasificado EDC Celanova. O partido prometía ser complicado. A parte de ser un rival difícil, o equipo limiao contaba coa baixa de Andrea Rivero (máxima goleadora do equipo) por unha operación de xeonllo.

O partido comezou con moita forza por parte de ambos equipos, defendendo con moita intensidade e cas defensas impóndose aos ataques. A falta de 10 minutos para finalizar a primeira parte, o Celanova, en xogada de saque de banda, conseguiu adiantarse no marcador. As locais non baixaron os brazos e Noelia conseguiu empatar o partido. Con ese resultado se chegou o final da primeira metade.

Na segunda parte, as visitantes comezaron con moita agresividade e, froito de ese empuxe, lograron dous goles case seguidos, levando o 1 a 3 ao marcador. O partido resultou costa arriba ao equipo limiao tras este resultado. Pero, as locais nunca baixaron os brazos e seguiron loitando. Lorena conseguiu o segundo gol e Mila, a falta de seis minutos, lograron o empate. O marcador xa no se moveu aínda que ambos equipos tiveron algunha ocasión.