Empeza a pretempada de fútbol 2018 das E.D.C Xinzo
Os xogadores e xogadoras das categorías Cadete e Infantil A e B xa empezaron o pasado 16 de agosto mentres que as categorías inferiores comezarán os vindeiros días 30 e 31 de agosto.
As categorías Cadete (nados de 2004 e 2003) e Infantil A (nados 2005) e Infantil B (2006) das escolas deportivas de fútbol da E.D.C Xinzo comezaron os adestramentos de pretempada o pasado 16 de agosto. As categorías inferiores: Alevín A (nados 2007), Alevín B (nados 2008) que comezarán os días 31 e 30 respectivamente; as categorías Benxamín A (nados no 2009) e Benxamín B (nados no 2010) comezarán os días 30 e 31 respectivamente tamén e a categoría Prebenxamín (nados no 2011) o día 31.
Todos os adestramentos comezarán as 16:30h excepto os dos Alevín A que comezarán as 18h. Todos os adestramentos serán nas instalacións do José Antonio Fernández Carrera.