O Entroido non lle senta ben ao basket.

Cadete feminino, celebrando a vitoria ante as de Maside
O Entroido non lle senta ben ao basket.

De 14 partidos, solo 4 vitorias

Precisamente unha desas vitorias foi moi celebrada polas xogadoras do cadete feminino contra o equipo de Maside, o cal habíalle gañado no seu campo.

Outro dos conxuntos que gañou foi o Júnior masculino que despois de vencer ao COB pasará a disputar a final polo título contra o Barco a dobre partido. O primeiro o domingo de piñata.

Júnior masculino
Júnior masculino

Tamén o Júnior feminino gañou ao Rosalía en Santiago, mantendo as posibilidades de disputar o título, ou polo menos o subcampionato. E para finalizar coas vitorias nomear a do mini 2012 masculino ante o Blanco Amor.

De entre as derrotas destaca a dos sénior masculino que levaban boa racha, pero parece que o sábado e domingo Corredoiro, non lle sentou moi ben. Despois de ir gañando no primeiro cuarto por 17 puntos e de perder toda a vantaxe no segundo, chegou ao final moi xusto de forzas e acertos, perdendo contra o equipo da Valenzá, pero seguindo con posibilidades de meterse na final do título.