O equipo feminino de fútbol sala de Xinzo sube un posto na clasificación

10321791_394633690690403_7199944835432481678_o
O equipo feminino de fútbol sala de Xinzo sube un posto na clasificación

As rapazas limiás gañáronlle este fin de semana o Cidade de Ourense (3-2) nun partido moi complicado e decisivo

O partido disputado o día 18 enfrentou as rapazas do Xinzo Feminino a  un rival directo na clasificación, o Cidade de Ourense, situadas un posto por encima na clasificación (con dos puntos máis).

 O partido comezou coas limiás moi concentradas no xogo, exercendo unha boa presión contra as locais e intentando levar o ritmo do encontro. As visitantes, pouco a pouco, fóronse apoderando do partido. Na metade da primeira parte, un disparo lexano de Andrea Rivero golpeou nunha xogadora local subindo o primeiro gol ao marcador. A primeira `parte rematou con este resultado.

O comezo da segunda parte foi moi semellante ao da primeira metade, as visitantes moi ben situadas no campo controlando o partido. Como resultado deste gran xogo chegou o segundo gol por parte de Mila. A partir deste momento, as visitantes sufriron un baixón no xogo e na intensidade, o que facilitou que o Cidade de Ourense lograra marcar e recortar as diferenzas.

 Inmediatamente despois de sacar do centro, Andrea Rivero volveu anotar o terceiro gol de Xinzo. As locais intentaron reaccionar e conseguiron marcar o segundo gol. Pero, o equipo limiao mantivo o partido controlado e conseguiu levarse a vitoria.