O equipo de Limiactiva triunfa no Campionato de España de Orientación

ganadores
O equipo de Limiactiva triunfa no Campionato de España de Orientación

A xente da Asociación Deportiva Limiactiva non para de recoller triunfos. Desta volta tocoulle ó equipo de orientación que participou nas probas individuais do campionato de España.

A cita deportiva tivo lugar esta fin de semana en Pontevedra e contou con máis de 3000 participantes de todo o país e dende Portugal, Finlandia, Suecia ou Italia.

A xornada deu comezo o venres coa proba de distancia larga na que Joao Morales proclamouse campión de España na categoría M12. Irene Morales acadou a meta nunha excelente 9ª posición en F18 e Martín Morales tamén quedou nun recoñecido posto número 14 en Élite.

O sábado os rapaces de Limiactiva tamén fixeron unha actuación destacable. Martín Morales fíxose co Campionato de España M45 na proba de Sprint. Por outra banda, Joao Morales conseguiu un 7º posto en M12 e Irene Morales fixo o mellor tempo acadando a sexta posición na categoría F18.

O campionato rematou o domingo coas probas de distancia media nas que Joao Morales quedou no posto número 18 en M12, Irene Morales no 11 en F18 e Martín Morales no número 27 en Élite.