Os equipos de ximnasia de Xinzo triunfan no campionato provincial

ximnasia
Os equipos de ximnasia de Xinzo triunfan no campionato provincial

A cita deportiva tivo lugar esta fin de semana en Carballiño

A segunda fase da Copa Deputación de ximnasia tivo lugar este domingo en Carballiño. Foi unha xornada de resultados positivos para o conxunto CED Xinzo de Limia adestrado por Sandra Alén.

Na categoría prebenxamín as cativas do CED Xinzo de Limia A acadaron o terceiro posto. O segundo foi para o o Club Ximnasia Pavillón e o primeiro para a Escola Ximnasia Pavillón.

NENAS1

Na categoría alevín as de Xinzo fixéronse co primeiro posto. En segundo lugar clasificouse o conxunto Escola Ximnasia Pavillón A e en terceiro lugar Escolas Deportivas de Barbadás A.

NENS 2

Agora as cativas teñen unha cita no campionato galego que se vai disputar o vindeiro 28 de maio en A Coruña.