Os equipos benxamíns e cadete masculino volveron ser os protagonistas do fin de semana

Equipo Cadete Masculino
Os equipos benxamíns e cadete masculino volveron ser os protagonistas do fin de semana

Dos equipos femininos só o benxamín segue coa súa racha gañadora sumando 12 triunfos e ningunha derrota

Nesta fin de semana foi protagonista a estrada e o bus, xa que a maioría dos xogadores e xogadoras de basquet xogaron en Ourense. Dos dez partidos desta xornada oito tiveron lugar na capital.

Xornada de desprazamentos na que só, como sempre ou case sempre, nos teñen acostumados a gañar, os equipos benxamíns e o cadete masculino. Este último por partida dobre, xa que conseguíu vencer tanto o venres na pista do ABO Ourense e o domingo na de Maristas, asegurándose xa definitivamente a loita polo título na derradeira xornada contra o COB Ourense.

O benxamín feminino segue coa súa racha victoriosa na que xa suma 12 triunfos e ningunha derrota. O masculino, adestrado por Andrés, tras gañarlle ao San José Negro, segue na loita pola 3ª praza do campionato.O infantil masculino tamén saboreou a victoria no seu partido disputado como local contra o Blanco Amor.

O resto foron derrotas, destacando a do equipo senior masculino, que tivo na man asegurarse a permanencia na categoría e agora terá que esperar a visita na vindeira xornada do CB Cartelle para conseguila; só lle vale a victoria.

RESULTADOS

SENIOR MASCULINO:

IMPRENTA CB (51) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (47)

CADETE FEMININO:

MARISTAS (65) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (31)

CADETE MASCULINO:

ABO OURENSE (20) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (70)

MARISTAS (59) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (60)

INFANTIL FEMININO

PABELLÓN (56) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (45)

INFANTIL MASCULINO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (52) - BLANCO AMOR (39)

ALEVIN FEMININO

BOSCO (50) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (0)

ALEVÍN MASCULINO

EIDOEMPRESA A.B XINZO "A" DESCANSOU

CARMELITAS (53) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (42)

BENXAMIN FEMININO

BOSCO (24) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (72)

BENXAMÍN MASCULINO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (57) - SAN JOSÉ NEGRO (6)