Os equipos de fútbol pechan unha xornada de liga de malos resultados

futbol
Os equipos de fútbol pechan unha xornada de liga de malos resultados

Só sumou punto ACD A Saínza

O Antela FC perdeu O-2 na casa do Nogueria de Ramuín. Os goles chegaron no minuto 50 e no 70 nun partido que provoca a baixada do Antela na táboa de clasificacións e pasa a quedar no posto 13. O vindeiro domingo enfróntase ó Manchica no campo da Moreira.

O Piñeira Seca non consegue remontar os seus mal comezos na liga. Volveu perder na casa por 1-2 fronte o Valenza SD. O Piñeira remata outra xornada de liga no último posto da clasificación e con tan só un punto. O próximo domingo verase as caras co SP Celanova.

O Boado FC tamén caeu derrotado na casa por 0-3 contra o Paderne SD. O equipo visitante comezou marcando xa no minuto catro da primeira parte e rematou co Boado na segunda parte con dous goles no minuto 60 e no 86. O Boado permanece no posto 10 e a próxima xornada enfróntase ó UD Lobios.

A ACD A Saínza suma un punto co empate no campo do CD Maceda. O partido rematou 1-1 e A Saínza permanece así no posto seis con seis puntos a espera de recibir a vindeira fin de semana ó San Roque.

O Vilar de Barrio tamén perdeu na casa por 1-2 fronte o Loureiro FC e queda así no posto 10. O seu rival da seguinte xornada de liga é o CD Espadana.