Excelente papel do equipo limiá no Campionato Galego Escolar de Campo a Través

trofeos galego cross
Excelente papel do equipo limiá no Campionato Galego Escolar de Campo a Través

XInzo recibe este fin de semana outra alegría da man do atletismo

No Campionato Galego Escolar de Campo a Través, o cal se celebrou no complexo deportivo de Monterrei, os compoñentes do noso equipo exerceron un gran papel. Pola maña na categoría cadete masculina, o resultados foron os seguintes: Ziad Nagihi (6º), Anass Nagihi (7º), Daniel Castillo (14º) e Manuel Prieto (39º). Cómpre remarcar que conseguiron o Subcampionato Galego por equipos, só superadas por a Ría Ferrol.

Na proba infantil masculina Said conseguiu ir en grupo con El Medhi El Nabaoui e Martín Rivera, pero a falta de 800 metros estes acabaron distanciándose de Said; metros que xa non puido recuperar o noso deportista limiá. Os demais compoñentes do equipo infantil, cos seus respectivos postos foron: Pablo Nogueiras (7º), Juan Gonzalo Prieto (21º), Marco Nube Lema (27º) e Álvaro León (43º). Estes rapaces proclamáronse Campións Galegos de Campo a Través 2015.

Na categoría Alevín, a pesar das importantes baixas, a Agrupación Deportiva Limia demostrou a súa gran valía acadando os seguintes resultados: Alejandro Blanco (3º no provincial), Raúl Lorenzo (25º), Xavier Rodríguez (35º), Borja Gómez (40º) e Mauro Feijoo (45º).

No ámbito feminino, na que só contábamos ca alevín e campeona provincial Helda Rodríguez, conseguiu o 18º posto.

A vindeira proba será a Carreira Popular Xinzo de Limia 2015.