ÉXITO DE EQUIPOS, XOGADORES E PUBLICO

xogadores E.D.MUNICIPAIS
ÉXITO DE EQUIPOS, XOGADORES E PUBLICO

Finalizou o II Memorial Toñito Maestro

Todo o día de onte sábado a Moreira foi unha festa de fútbol de rapaces e rapazas dos equipos da E.D. Verín , Pabellón C.F. de Ourense, Barbadas, E.D. Celanova e os de E.D.C. Xinzo, nas categorías de Alevín, Benxamín e Prebenxamín.

22 equipos e mais de dous centos de xogadores e xogadoras, foron todo o día animados por case un milleiro de país/nais/avós/tíos, etc, que se desprazaron ata Xinzo para seguir o torneo no que o tempo axudou a que todo sairá perfecto.

O final da tarde celebrouse a entrega de trofeos ós equipos gañadores e tódolos participantes recibiron un agasallo da organización.

xogadores recollendo agasallos

Na categoría ALEVIN xogaron a final o Pabellón A e B, quedando campión o Pabellón A. En terceiro lugar quedou o Verín B.

Tamén o Pabellón quedou primeiro clasificado na categoría de Benxamín quedando segundo e terceiro o E.D. Verín e Celanova.

Na última categoría de Prebenxamín o primeiro foi o E.D. Ourense , quedando segundo e terceiro o Pabellón e o representante de Xinzo na categoría.