Éxito de galardoados e de público na 1ª gala do deporte de Xinzo 2021

Equipo de ximnasía
Éxito de galardoados e de público na 1ª gala do deporte de Xinzo 2021

Máis de dúas ducias de deportistas individuais e equipos foron agasallados cos premios ao deporte 2021

7

Na tarde noite de onte día 29 e coa presenza de numeroso público nas bancadas e na pista celebrouse a primeira Gala do Deporte do concello de Xinzo presidida pola alcaldesa Elvira Lama, a cal estaba acompañada polo concelleiro de deportes Rafa Penabad, o de Promoción Económica Manuel Pérez e o portavoz do PP Antonio Fernandez.

2

Os mestres de cerimonia foron os presentadores Pablo Rios e a Limiá Patricia Santana, sendo os encargados de poñer as notas musicais o grupo En Mala Hora e o apartado de maxia e humor estivo da man de Miriam Crespo.

Tanto a alcaldesa como o concelleiro de deportes quixeron agradecer a presenza de moitos pais, que son o primeiro motor, para que os deportistas saian adiante, e como non agradecer tamén a traballo dos adestradores e sobre todo aos técnicos do Concello que fan que todo funcione nas instalacións e pola posta en marcha desta iniciativa.

Animaron aos deportistas a seguir adestrando duro, para que, non tardando moito, teñamos en Xinzo tanto campións nacionais como olímpicos.

O amplo listado de galardoados foi: (Nalgún dos galardoados omitiuse por moi extenso o seu currículo de premios)

EQUIPO SENIOR ASOCIACIÓN BALONCESTO XINZO.- Campión de Copa Deputación na tempada 2020-2021

RUBÉN DIZ -Atletismo PISTA CUBIERTA - Campeonato de España Máster, en Ourense: Oro en los 3.000 metros y bronce en los 1.500......

AIDA MARTÍNEZOurense Atletismo. Subcampioa Galega Sub23 en 800 m y 1500 m no estadio do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra.

ÁFRICA GÓMEZ-Ourense Atletismo. Subcampioa galega sub18 en 100 m.

RODRIGO DÍAZOurense Atletismo. Subcampión galego en salto de lonxitude sub16.

4

JUAN GARRIDOAsociación Deportiva Limiactiva .2º clasificado no Campionato Galego de Orientación distancia Sprint.

DIEGO FARIÑAAsociación Deportiva Limiactiva Campión Galego de Orientación distancia Sprint.

LUCAS BARJAAsociación Deportiva Limiactiva Subcampión da Liga Galega de Orientación a pé.

MANUEL LOPESClube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia. Campión da Copa Deputación de Ximnasia. Categoría Infantil Individual.

XIANA VELOSOClube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia .Subcampioa da Copa Deputación de Ximnasia. Categoría Infantil Individual

ANTÍA BLANCOClube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia Terceira na Copa Deputación de Ximnaisa. Categoría Infantil Individual.

3

EQUIPO ALEVÍN DE XIMNASIAClube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia Campión de Copa Deputación 2021.

NOA RODRÍGUEZClub Ximnasia Pavillón Ourense .3ª clasificada no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Trampolín. Modalidade Tumbling.

EQUIPO ALEVÍN DE FÚTBOL 8Clube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia. Campión de Liga 2021.

EQUIPO INFANTIL B DE FÚTBOLClube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia. Campión de Liga 2021.

KAWTAR AITClube Escola de KickBoxing Xinzo .Campeona galega de kickboxing 2021.. CARLOS CANALBurgos BH Premio ó Mérito Deportivo pola súa participación na Volta ciclista a España, sendo o ciclista máis novo e único galego que participou nesta edición. Primeiro limián e 3º ourensán que participa na Volta. Premio a la combatividad en la cuarta etapa de la Vuelta al Pais Vasco 2021

5

Patricia Santana, co presentadora da Gala