22 de enero de 2023, 22:00
O Antela viaxou hoxe ata Vigo para enfrontarse ao Racing de Castrelos ao que venceu por dous goles a un, tantos marcados por Pedro Castro e Tumbeiro.
O partido, excepto 20 minutos estivo dominado polos branquinegros, aínda que o segundo gol que lle deu a vitoria ao Antela non chegou ata o minuto 90.
Os xogadores limiás tiveron moitas ocasións de marcar na primeira parte, pero non foron quen de rematar a xogada.
NOVENO POSTO DE 20
Chegados a metade da liga 22/23 o Antela conta con 27 puntos, récord dende fai 20 anos.