lunes 25/10/21

Fase Final de Baloncesto Alevín Masculino

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Este domingo, día 16 de febreiro e Oleiro na vila de Xinzo, o equipo Alevín masculino dirixido por...
O Alevín masculino . DAL
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Este domingo, día 16 de febreiro e Oleiro na vila de Xinzo, o equipo Alevín masculino dirixido por Luis Miguel, disputará a fase final provincial.

Esta fase final está composta pola presenza dos catro mellores equipos alevíns da provincia, e que corresponde a Bosco Salesianos naranxa, Mobles Victoria Barco escolas deportivas, C.B Allariz negro e A.B Xinzo. A esta fase acceden os dous primeiros clasificados dos dous grupos que conforman a liga alevín e que se desenrolará no enfrontamento de semifinales pola mañá, 3º e 4º posto e Final pola tarde.

A fase final terá lugar no colexio de Salesianos da cidade das Burgas e os partidos comezarán ás 11:15 entre Mobles Victoria Barco e C.B Allariz Negro (2º clasificado do grupo A e 1º clasificado do grupo B) na pista Salesianos 1. A mesma hora terá lugar o partido correspondente o equipo do A.B Xinzo e Bosco Salesianos Naranxa (2º clasificado do grupo B e 1º clasificado do grupo A) na pista Salesianos 2. Os gañadores de cada partido disputarán a Final e os equipos que caeron derrotados na semifinais xogarán polo 3º e 4º posto, todo isto ás 16:00 nas pistas de Salesianos.

Grazas a gran temporada realizada polos alevíns de Xinzo na que só coñeceron a derrota contra o C.B Allariz Negro, os pupilos de Luis Miguel acabaron segundos dentro do grupo B, posto que lle outorga a posibilidade de disputar esta fase final, á cal chegan moi animados, motivados e con ganas de facelo ben. Esperemos que teñan toda a sorte, e apoio por parte dos limiaos.

Moita sorte rapaces!!!!

Comentarios