Á festa do baloncesto do A.B. Xinzo, non faltou ninguén.
Xogadores e xogadoras, familias ao completo e representantes da corporación municipal encabezados pola alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de deportes Rafa Penabad.
Como non podía ser doutra maneira ademais das empresas patrocinadoras do clube, tamén asistiu a festa Jose A. Gamallo, propietario da firma patrocinadora do clube PIENSOS GAMALLO.
MENU CON POSTRES CASEIROS

Ademáis das viandas típicas, empanada, tortilla, patacas fritidas e pizzas para os máis cativos os postres luciron doutra maniera, posto que todos eles foron elaborados polas nenas e nenos do clube, notándose na maioría as mans das avoas.
Da animación encargouse Xoaniña e o reconto final subía de 300 proxenitores e siareiros.
Esta foi a maneira que o clube A.B. Xinzo quixo despedir unha gran tempada, tanto na participación, como nos resultados, definíndo o seu libro de ruta do clube como de
HUMILDADE, TRABALLO E PAIXÓN.