A festa do baloncesto dos máis cativos celebrouse con todos os protocolos

IMG-20210612-WA0027
A festa do baloncesto dos máis cativos celebrouse con todos os protocolos

Esta mañá de sábado no pavillón de Xinzo

Hoxe na xornada matinal celebrouse a Concentración de Clausura do Baby-Basket 20/21.

Participaron os equipos dos clubes Blanco Amor, Bosco, Carmelitas e A. B. Xinzo

8 partidos en total

A partir das 10:00 os equipos participantes xogaron un total de 8 partidos.

Este evento tivo lugar no pavillón municipal de Xinzo e foi organizado polo club Asociación Baloncesto Xinzo en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

A festa do baloncesto dos máis peques celebrouse con todos os protocolos pertinentes, conseguindo o resultado esperado que era recuperar a ilusión e o sorriso das nenas e nenos participantes.

Un gran broche para rematar a tempada 20/21.

IMG-20210612-WA0022IMG-20210612-WA0020IMG-20210612-WA0018IMG-20210612-WA0016

IMG-20210612-WA0008