Fin de festa para a escola de fútbol do Antela F.C.

image 2-horz
Fin de festa para a escola de fútbol do Antela F.C.
O club aproveitou o partido de volta da eliminatoria da fase de ascenso dos infantís para a celebración DAVID CARNERO Twitter: @DAVIDCARNERO Con...

O club aproveitou o partido de volta da eliminatoria da fase de ascenso dos infantís para a celebración

DAVID CARNERO Twitter: @DAVIDCARNERO

Con motivo do partido de volta da eliminatoria da fase de ascenso dos infantís do Antela , a directiva do club aproveitou para realizar o fin de festa a todos os membros das categorías inferiores, convidando os nenos da escola a unha merenda multitudinaria ao rematar o partido. Os rapaces da Escola tamén  puideron desfrutar de inchables e de música proporcionada por un DJ.

Xa no partido, o equipo local despois de disputar un partido moi igualado conseguiu superar a eliminatoria con éxito, esperando xa a seguinte fase para enfrontarse ao Verín.