Fin de semana competitivo en Xinzo

cats
Fin de semana competitivo en Xinzo

KICKBOXING e KARATE no pavillón polideportivo

cats

O sábado 8 a partir das 10:00 disputarase o Trofeo de Kickboxing CIDADE DE ANTIOQUIA

Na sesión de mañá disputaranse as eleiminatorias por categorías e peso.

As finais comezarán a disputarse a partir dás 18.00 h. ata as 19.00 h.

A partir das 19:30 levarase a cabo a cirimonia de entrega de medallas aos gañadores e gañadoras . A organización conta co apoio do Concello de Xinzo de Limia. A entrada ao evento será gratuíta.

O evento está organizado polo club local KICKBOXING CLUB XINZO, en colaboración coa Federación Galega de Kickboxing, será xornada oficial da liga Galega de Clubs 2019.

O domingo 9 pola mañá disputarase a 1ª edición do trofeo de Karate “Cidade de Antioquia”.

As modalidades serán as de KUMITE e KATA en categorías que ira´n dende benxamín,alevín,infantil, xuvenil, cadete e junior tanto en homes como mulleres.

A entrada será gratuita e estará organizado pola escola Karate Xinzo coa colaboración do concello de Xinzo.