Fin de semana de fútbol infantil e prebenxamín en Xinzo

IMG-20170509-WA0021
Fin de semana de fútbol infantil e prebenxamín en Xinzo

Ás 10:00 horas disputarase a Final Infantil do Torneo de Fútbol Base de Ourense.

Como xa vimos anunciando días atrás coa celebración da Copa Deputación de Ximnasia en Xinzo de Limia, esta fin de semana será unha das máis deportivas –e culturais– da primavera para a capital da Limia.

Na eliminatoria de cuartos de final xogará o equipo prebenxamín do E. D. C. Xinzo, entrenado polo técnico deportivo David Carnero.

A Federación Galega de Fútbol e o Concello de Xinzo de Limia organizan este sábado a Fase Final da Copa Deputación Prebenxamín. Terá lugar a partir das 11:30 horas no campo de herba natural d'A Moreira. Nesta cita haberá, como non podía ser doutro xeito, participación limiá. Na eliminatoria de cuartos de final xogará o equipo prebenxamín do E. D. C. Xinzo, entrenado polo técnico deportivo David Carnero. Nesta fase tamén participarán os equipos C. D. Allariz, A. D. Bosco, Pabellón C. F., Ourense C. F. –antigo Ponte Ourense–, U. D. Ourense –antigo C. D. Ourense– e o E. D. C. Verín.

Ademáis, ás 10:00 horas disputarase a Final Infantil do Torneo de Fútbol Base de Ourense –no campo de herba sintéctica José Antonio Fernández Carrera–, que medirá aos equipos C. D. Allariz e E. D. Ourense B.

cartel fase final futbol

A desfrutar do deporte sempre con respecto!