Fin de semana positivo para os equipos do A.B. Xinzo

Equipo Sénior Masculino do A.B. Xinzo
Fin de semana positivo para os equipos do A.B. Xinzo

Júnior feminino contra Campus Ourense conseguindo a vitoria as chicas de Xinzo por 50-53. Este foi un triunfo moi importante para o equipo da Limia posto que estes dous equipos esperan estar entre os tres primeiros da liga que disputarán logo a liga galega.O equipo Júnior feminino leva dúas vitorias en dous partidos, sendo líder da clasificación.

O equipo Infantil disputou o seu primeiro partido de liga no municipal de Xinzo contra as escolas de Maceda.

Os Júnior masculino, tamén disputaban o seu segundo partido contra o Blanco Amor de Ourense, gañando tamén este partido e liderando a clasificación con dúas vitorias e cero derrotas.

Na terceira división tocoulle o turno o sábado pola tarde aos xogadores Sénior Masculino adestrados por Toni Ladra, que viñan de perder o seu primeiro partido en Ourense a semana pasada e querían resarcirse da mesma contra o Gran Alanís de Ribadavia. Así foi ao final cun resultado avultado para os limiás de 55-36. Este resultado baixo foi debido a gran defensa

O equipo Cadete Masculino do A.B. Xinzo tocoulle enfrontarse aos filiais do COB, mantendo un partido cun marcador moi axustado ata os minutos finais en que os xogadores do COB fóronse no marcador cun resultado de 44-55.

SENIOR FEMININO

Como xa adiantamos nunha información anterior, este é o primeiro ano no que o A.B. Xinzo participa cun equipo feminino sénior nunha liga federada en Galicia. Desprazouse ata Vigo e o resultado foi moi favorable para o 6 de Nadal de Vigo. Este ano será unha tempada de transición, posto que como se dixo é a primeira vez que participan.

O colofón a este fin de semana foi a viaxe que desprazou a gran maioría de xogadores do club presenciar o partido Obradoiro-Valencia, partido que contou con prorroga, co que o desfrute de todos foi con agasallo de 10 minutos máis de baloncesto. A intención do club é trasladarse a Lugo en Nadal para presenciar outro partido da liga ACB.