Celebración da Fin de Tempada Oficial 21-22 do AB Xinzo

Sin título
Celebración da Fin de Tempada Oficial 21-22 do AB Xinzo
Será este venres 17 de xuño, ás 20:30h.

Este venres 17 de xuño, celebrarase a fin de tempada 2021-2022 do AB Xinzo ás 20:30h. Un evento que tiña pensado facerse co comezo da tempada pero que por restriccións de aforo e medidas pola pandemia decidiron deixala para a fin desta.

Luis Miguel Gil, con un dos equipos do AB Xinzo
Luis Miguel Gil, con un dos equipos do AB Xinzo

Neste evento presentarán ao equipo e prepararán algunha sorpresa para que os máis pequenos desfruten. Tamén por outra banda haberá algun curso con patrocinadores e colaboradores.

A temporada deste ano foi bastante boa, destácanse o Campionato de Liga Masculino, os dous Subcampionatos tanto de Liga como de Copa do Mini Feminino, e o Cadete Feminino que quedou 3º na Liga que foi entre Ourense e Santiago, sendo 1º na provincia.

Este ano houbo 155 xogadores e xogadoras no clube. As categorías foron: Senior Feminino, Senior Masculino, Cadete e Junior Femenino, Cadete e Junior Masculino, Infantil Feminino, Infantil Masculino, Alevín Masculino, Alevín Feminino, e Benxamín Mixto.

A tempada 2021-2022 tivo moita participación e ningún brote de covid polo que se resalta a seguridade no deporte.