As finais do torneo de tenis Xinzo de Limia 2018

IMG-20180813-WA0037
As finais do torneo de tenis Xinzo de Limia 2018


Celebraranse o día 15 e o final farase a entrega de trofeos

Este mércores día 15 son as finais do torneo de tenis Xinzo de Limia 2018 que comezarán ás 11h da mañá coa categoría infantil, disputandose a final e o 3º e 4º posto. Á finalización do encontro farase entrega de trofeos e sorteo de agasallos entre todos os participantes e o Bar Monforte convida ós nenos a xantar nunha pizzería.

Pola tarde serán as finais dobres e individuais da categoría senior, ás 19h. Como na categoría infantil tamén se entregarán os trofeos o final dos encontros e haberá agasallos entre os participantes que estén presentes durante o evento!