Final entre o EDC Xinzo e o AD Bosco este sábado na Peroxa

Xinzo de Limia. 26-09-15. Deportes. 1º memorial de fútbol 8 " Toñito Maestro" no campo da Moreira en Xinzo de Limia. Foto: Xesús Fariñas
Final entre o EDC Xinzo e o AD Bosco este sábado na Peroxa

Disputarase a final do Torneo de Fútbol Base Prebenxamín organizado pola Federación Galega de Fútbol.

Este sábado, ás 11:00 horas, no campo d'O Marco d'A Peroxa disputarase a final do Torneo de Fútbol Base Prebenxamín organizado pola Federación Galega de Fútbol.

O equipo dirixido por David Carnero e Óscar Castro buscará aumentar o palmarés.

E nesta importante final, hai presenza limiá. O título disputarase entre os equipos A. D. Bosco e E. D. C. Xinzo.

O equipo dirixido por David Carnero e Óscar Castro buscará aumentar o palmarés nesta tempada despois de conquerir o subcampionato da Copa Deputación, o subcampionato no do Pavillón, medalla de prata no de Xinzo e os campionatos nos torneos de Arrabaldo, Oira e Verín.

Unha tempada redonda que se completou co convite a o torneo do Deportivo da Coruña.