jueves. 11.08.2022
E.D.C Xinzo de Limia & Antela F.C.

O futbol base e o semi-profesional únense en Xinzo

Os xogadores das categorías inferiores poderán xogar en Preferente
Directivas das Escolas e do Antela
Directivas das Escolas e do Antela

Nun comunicado conxunto as escolas deportivas de Xinzo de futbol e o Antela F.C informan:

A EDC Xinzo e o Antela F.C. estreitan a súa relación co fin de que o maior número posíbel de xogadores da Limia teñan cabida baixo a mesma estructura.

Froito disto e da proposta da cidadanía nace o ANTELA FC EDC Xinzo que na práctica será Antela Xinzo, aínda que na Federación será Antela B.

Este equipo estará baixo a tutela das Escolas Deportivas e do Antela FC.

A canteira seguirá chamándose EDC Xinzo e o xuvenil e o Senior ANTELA FC, pero a idea é que aínda que se chamen distinto, "todo vaia polo mesmo rego".

A nivel deportivo, tanto as Escolas como o Antela cremos que hai mimbres suficientes para ter un equipo competitivo, xa que moitos dos xogadores xogaron en Primeira e algún en Preferente.

O futbol base e o semi-profesional únense en Xinzo