Fútbol e fútbol base

Irene Morales
Fútbol e fútbol base

O fin de semana non foi nada bo para os intereses dos equipo da comarca na loita polo obxectivo...

DAVID CARNERO

O fin de semana non foi nada bo para os intereses dos equipo da comarca na loita polo obxectivo de estar un ano máis na categoría de ouro do fútbol provincial. Se xa e difícil loitar pola permanencia dependendo dun mesmo, máis duro se fai cando non se depende dun mesmo para acadalo.

A Xornada comezou o domingo pola maña co partido que enfrontaba ao Boado e ao Nogueira de Ramuín, un partido moi difícil de antemán para a escadra de Julio xa que se atopaba no camiño da salvación, co líder da categoría.

O partido a priori parecía interesante debido ó que se xogaban ambos equipos, polo se congregaron no José Antonio Carrera os habituais afeccionados do Boado así como un gran número de adestradores do fútbol provincial.

O partido desenvolveuse como se esperaba con un gran dominio do Nogueira dende os primeiros minutos do partido, isto era máis debido a gran calidade dos xogadores que militan nas súas filas que polo xogo de conxunto. O partido estivo emocionante ata os últimos intres xa que despois de que o Nogueira se adiantara no marcador en dúas ocasións, o Boado marcou por medio de Kolega tras un fallo da defensa local que colocaba o marcador en 1-2 con moitos minutos por diante. O Boado atacaba máis co corazón que ca cabeza para a busca do empate no cal volcaba todos os seus efectivos ao ataque sabendo o importante que sería acadar un punto. O equipo local non paraba de intentalo e despois de unha serie de ocasións que non aproveitou o equipo local o Nogueira adiantouse de novo no marcador sentenciando o definitivo 1-3 para o equipo de Ramuín.

Xa na tarde do domingo o Antela desprazábase o campo de Espiñedo para enfrontarse ao Arenteiro. Era un partido interesante porque, igual que acontecía no partido do Boado ambos equipo loitaban polos mesmo obxectivos, o Antela na loita polo descenso e o Arenteiro na loita polo ascenso.

O Antela dirixíase a Carballiño coa confianza para sacar o resultado adiante debido o gran resultado colleitado na xornada anterior, pero comezou mal o partido para os limiaos xa que nos primeiros minutos o marcador xa reflexaba un gol no casilleiro local polo que ao Antela tocáballe remontar nun campo complicado.

O partido co marcador adverso e ca necesidade de puntuar, o Antela da un paso o frente para ser o dominador do partido en moitos momentos do xogo, pero solo co dominio non se logran as vitorias, e o Antela dispuxo de numerosas ocasión que non conseguiu materializar, non movéndose así o marcador ata o pitido final.

A continuación queda un pequeno resumen das próximas xornadas, os dous últimos equipos descenderían directamente, o 16º posto descendería debido o arrastre do Melias de rexional preferente e por ultimo o 15º (*) posto descendería polo arrastre de categoría do Ourense B (que dependerá moito do descenso de categoría do Cultural Áreas da 3ª división).

Fútbol Base

No fútbol base os resultados foron adversos para os intereses dos equipos do Antela, conseguindo a vitoria o xuvenil, cadete, infantil e o importante empate do benxamín. O resto dos equipos non puideron acadar a vitoria nos seus enfrontamentos , algo que a priori non debería ser importante nestas idades .

O xuvenil desprazábase a Velle , gañando o partido por 0-4 a pesar de que o equipo limiao desprazouse a Velle con 10 xogadores afrontando así o partido dende o pitido inicial.

Na categoría cadete, o Antela con un xogo moi superior o seu rival o Cidade de Ourense, impúxose por un resultado abultado de 7 goles a 1.

Xa na categoría infantil o Antela impúxose ao Barbadas, o partido foi un partido ben plantexado por Sergio e sobre todo xogado con moita seriedade por parte dos xogadores demostrando así o por qué, xogan un ano máis a fase de ascenso a categoría galega.

E rematando xa no fútbol base cabe destacar o empate do Benxamín A fronte o Pabellón, este empate é importante non polo resultado nin pola clasificación, se non por que este Benxamín xunto co equipo de Verín foron os únicos equipos que arrebataron puntos a este equipo nesta temporada.

Noticias Polideportivas

O equipo de fútbol sala feminino da Vila non puido ter o fin de festa esperado como local e rematar con unha vitoria na súa cancha ante o seu público. Por outra parte, o equipo de fútbol sala Area 12 si puido gañar no seu desprazamento que o axuda a subir algún posto máis na táboa clasificatoria da liga provincial.

Xa centrándonos un pouco mais nos deportes individuais destacamos a Irene Morales, da A. D. Limiactiva que participou na pasada fin de semana no Campionato de España Escolar de Orientación, que se celebrou en San Javier (Murcia) do 1 ó 4 de Maio.

Na distancia larga acadou a 36º posición, sendo a 2ª galega en cruzar a meta.

O deporte de orientación segue dando boas novas para a Limia, despois do 3º posto de Martín Morales no Campionato de España, a súa filla Irene foi elixida para formar parte da Selección Galega.