O futuro da piscina climatizada, neste momento está garantido

Piscina climatizada Xinzo
O futuro da piscina climatizada, neste momento está garantido
Con respecto ao deporte de base, estou plenamente satisfeito do que se está facendo en todos eles, sobre todo no baloncesto

Dende que voltamos da pandemia os números de usuarios era bastante malo, pero grazas ao traballo dos propios traballadores está facendo que estes números, que aínda que non son os óptimos si poida ter futuro.

PECHE NO VERÁN

Rafa Penabad
Rafa Penabad

Rafa Penabad recoñece, que o non haber avisado aos socios diarios da piscina climatizada, do peche da tempada estival, non se fixo de maneira adecuada, pero grazas a que isto se fixo desta maneira, hoxe podemos ver o futuro da mesma doutra maneira.

Grazas ao peche e a utilización do persoal nas piscinas de verán, e que o concello non tivera que pagar a empresas externas pola xestión das mesmas, como viña ocorrendo nos anos anteriores. O non ter que pagar socorristas, porque xa os tíñamos en plantilla, e os ingresos, aínda que pequenos das entradas, xunto co aforro de enerxía neses dous meses, fai que o futuro da instalación climatizada no inverno se vexa con un pouco de tranquilidade para as arcas municipais.

INCREMENTO IMPORTANTE DE USUARIOS.

Nestes momentos houbo uns incrementos non solo de socios se non de usuarios case continuos. O persoal que atende as instalacións está facendo novas ofertas de servicios a colectivos non solo educativos se non de outros colectivos.

A transformación que se fixo nas instalacións, tamén son apreciadas polos veciños usuarios, o que fai que o número vaia incrementando semana a semana.

NON ESPERAMOS CUSTE CERO

Nos xa nos conformamos, tal e como vai agora a evolución de usuarios nestes momentos a chegar a un 30% dos custos xerais que sexa por parte do concello.

Agora mesmo non está plantexado o peche, non solo polo número de usuarios, se non pola implicación do persoal, e das gañas que teñen de que a xente que vaia este contenta. Pensamos que debemos darlle unha nova oportunidade a unha instalación como esta, que é un luxo para Xinzo e que sirve como terapia para mellorar a vida de moita xente.

214 socios, usuarios de outras actividades 89, cursillistas 420, bonos 18, en total 741 persoas están utilizando a piscina climatizada habitualmente. Non chega a cantidade esixible para igualar costes e ingresos, pero... comparado cos datos de fai solo tres meses isto parecía inalcanzable. Esperamos que co que se vai aforrar en gasto de enerxía eléctrica polo cambio poida transferirse ao mantemento desta infraestrutura “social”.

Pasamos despois a falar das escolas deportivas, outra das áreas que lle corresponden levar a Rafa Penabad, da cal está plenamente satisfeito por varios motivos, segundo comenta.

O primeiro é o aumento de rapaces en todas as escolas, sobre todo en baloncesto, onde non lle “doen prendas” en recoñecer o extraordinario traballo, con resultados a nivel de rapaces e persoas implicadas, que está a levar o seu predecesor na concellería Luis M. Gil.

A segunda é a fusión entre as escolas deportivas de fútbol e o Antela, que vai a dar moi bos resultados , xa a medio prazo. Tamén por suposto con Limiactiva, que están sempre dispostos a colaborar con calquera outra actividade que queiramos realizar dende o concello.

Pistas polideportivas exteriores
Pistas polideportivas exteriores

Neste momento o número de rapaces, de xuvenís para abaixo é de máis de 500.