Golpe de autoridade dos atletas limiaos

campionato gal pista cuberta 2015
Golpe de autoridade dos atletas limiaos

Os atletas limiaos cumpren cas expectativas ao acadar tan bos resultados

Os cinco compoñentes do conxunto A.D. Limiactiva achegáronse a Coruña para competir no campionato galego de atletismo de pista cuberta. Os resultados foron máis que favorable.

O alevín Joao Morales acadou un extraordinario segundo posto en salto de altura cunha marca de 1,19 m, feito que ten moito mérito xa que adestrou moito menos cos seus contrincantes.

Logo, chegou o momento dos nosos fondistas, onde competiron Said A. Bechiki que conseguiu a medalla de bronce, Pablo Nogueiras cun quinto posto e Marco Nube Lema de noveno na proba infantil de 2.000 metros.

Xa en categoría cadete, Daniel Castillo logrou a medalla de prata na proba de 3.000 metros cadete cunha marca de 10:16.04. A atleta limiá que milita no Atletismo Tui, Aída Martínez, logrou o mesmo resultado na categoría xuvenil, parando o crono en 11:05.10.

Este fin de semana celebrarase o Campionato Galego de Campo a Través en Ourense, os representantes da Limia loitarán polos primeiros postos individuais e por equipos co resto de clubs e colexios de Galicia.