Gran partido do Antela que vale unha permanencia

antela 2014-15
Gran partido do Antela que vale unha permanencia

O cadro adestrado por David Carneiro competirá un ano mais na máxima categoría do fútbol provincial despois de superar o Melias por 5-1.

Partido que pechaba a tempada 2014/2015 o cal enfrontaba no campo de \“A Moreira\” os conxuntos do Antela e do Melias. O partido foi de mero trámite para un Antela que non encontrou rival nun Melias xa descendido dende fai unhas semanas.

O Antela poríase moi rápido por enriba no marcador despois dun bo testarazo de Quique a saída dun córner( ós 5 minutos). O segundo gol chegaría a media hora por cortesía de Couñago despois dun bo remate cruzado. No minuto 38 o Antela anotaría o terceiro gol cunha pizca de fortuna xa que o gol meteríao na súa propia porta un defensa do Melias.

O cuarto gol levaría a firma de Samuel despois dunha fabulosa volea que entraría por toda a escuadra.O Melias marcaría o gol do honor cun penalti anotado por Antón e para cerrar a goleada Iago Peralta establecería o definitivo 5-1 cun disparo cruzado no que o meta Nacho non puido facer nada.