lunes. 27.03.2023

    Os cabalos e os xinetes xa están preparándose para a penúltima xornada de carreiras en Antela que vai ter lugar este domingo.

O hipódromo antelán acolle o Gran Premio Copa Deputación de Ourense, unha carreira que se celebra sobre 1200 metros e que se reserva para cabalos nacidos e criados en Galicia. 

Como favoritos destacan Gaiola que vén de ser segunda na proba de A Cañiza, Iberia du Desert e Mister Yes que dende a organización estiman que van pelexar duro pola vitoria. 

Para o resto de carreiras parten como favoritos Burca Gal, Pelayo e Kefren.

A competición dará comezo ás 12.30 coa proba de andadura galega. Ás 13h será a quenda do trote e ás 16.30h do galope. 

 

Comentarios