O hipódromo de Antela celebra o Día das Letras Galegas con carreiras de galope e trote

cabalo 1
O hipódromo de Antela celebra o Día das Letras Galegas con carreiras de galope e trote

As carreiras organizadas polo hipódromo de Antela para o 17 de maio van collando auxe cada ano. Desta volta increméntanse o número de probas cun aumento considerable de cabalos que participan.

Na xoranda do martes terán lugar dúas carreiras de Pura Raza Árabe (PRA) e dúas de Pura Sangue Inglés (PSI) xunto con outras dúas de Trote Enganchado.

Nas instalacións da Limia daranse cita os mellores PRA que hoxe adestran en Galicia entre os que sobresaen Pelayo, Sal Alem o Adam Dirkou. Na carreira dos exemplares de PSI a loita pola vitoria estará encabezada por Jokan e Sissi du Rheu xunto con Cañonero e Capilla. Para a carreira TOP Leffard, PSI Chic e La Cañiza destacan como favoritos aínda que se poden producir sorpresas da man de Gaiola, Iberia ou Doctor Diro.

Na proba dos denomidados "trotóns" agárdase que o mellor sexa Quartz na primeira e Peon For Clara na segunda.

A cita coa exhibición dos mellores cabalos de Galicia dará comezo ás 13h coas carreiras de Trote Enganchado, e seguirán a partir das 15.45h coas de Galope.