O hipódromo de Antela despide a tempada 2016 co Gran Premio de Galicia

cabalos
O hipódromo de Antela despide a tempada 2016 co Gran Premio de Galicia

O hipódromo de Antela despídese da tempada 2016 o mércores día 12 de outubro. Durante a xornada terá lugar o Gran Premio de Galicia.

A primeira carreira do día será a dos cabalos PSI sobre 1200 metros a partir das 11.30h. Nesta proba destacan como favoritos El Cañonero, que vén de ser cuarto no Gran Premio de nacionales, e Doctor Diro que fai un ano se fixo coa vitoria no recinto antelán.

Outra das carreiras destacadas é a que contará con 6 participantes que chegan fortes á proba que terá lugar a partir dsa 12.50h. Leffard e La Cañiza parten como favoritos, pero terán que verse as caras con Gaiola, Mister Yes e Sinnieva.

Na carreira de cabalos árabes participarán entre outros Kefren, que destaca como un dos favoritos, Lach Corcel e Fugaz Adit.

Rematadas as probas de galope terán lugar dúas carreiras nacionais de trote enganchado a partir das 13h na que destacan Quartz e Astrologue. No medio das probas haberá pases de doma clásico con cabalos pura raza galega.