O I Memorial Toñito Maestro de Fútbol 8 remata con vitoria dos equipos visitantes

nenos
O I Memorial Toñito Maestro de Fútbol 8 remata con vitoria dos equipos visitantes

Gañaron os equipos de Ourense e Verín

Os rapaces do Antela FC saíron a dalo todo ó campo. Correron, sudaron a camiseta e acadaron bos resultados pero non foron suficiente para facerse coa vitoria.

Xinzo de Limia. 26-09-15. Deportes. 1º memorial de fútbol 8

A clasificación final deixou na categoría de alevín en tercer posto ó Celanova, en segundo o Pabellón FC e en primeiro lugar e gañador o Verín FC. Na categoría prebenxamín, en tercer lugar quedou o Verín FC, de segundo o Pabellón FC e de primeiro e gañador o Pabellón Promesas. Na categoría de Benxamín, clasificouse en tercer lugar o Verín B, en segundo o Verín A e de primeiro e gañador o Pabellón FC.

A xornada estivo marcada polo fútbol pero tamén polo recordo da figura de Toñito Castro "O Maestro". A familia e amigos estiveron presentes no torneo e ó remate dos partidos recibiron uns agasallos en memoria de quen foi unha persoa importante para o Antela FC.