I Subida a Vilar de Barrio de automobilismo

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con membros do Clube de Automovilismo Talariño (Vilar de Barrio). Asiisten Oscar Vázquez Gómez (Tesoureiro), Javier Merino (Secretario), Manuel Grande Conde (Vocal), Alfonso Cid Rodriguez (voc
I Subida a Vilar de Barrio de automobilismo

Puntuable para a Copa de España de Montaña de automobilismo

A Deputación de Ourense colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, proba organizada pola Asociación Clube de Automobilismo Talariño e que será puntuable para a Copa de España de Escuderías de Montaña. A competición se disputará entre o 5 e o 6 de novembro.

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con membros do Clube de Automovilismo Talariño (Vilar de Barrio). Asiisten Oscar Vázquez Gómez (Tesoureiro), Javier Merino (Secretario), Manuel Grande Conde (Vocal),  Alfonso Cid Rodriguez (vocal), e caompañados do Alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Concde Gómez.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con parte da directiva da Asociación Clube de Automobilismo Talariño: o secretario da entidade, Javier Merino; o tesoureiro, Óscar Vázquez e o vogais Manuel Grande e Alfonso Cid. No encontro de traballo tamén estivo presente o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.

Ademais da I Subida a Vilar de Barrio, a Copa de España de Montaña tamén inclúe no seu calendario a Subida á Saleta, que se celebrará o 20 e 21 de maio e que tamén conta co apoio da Deputación de Ourense.