A II SPANISH AMATEUR CUP VOLVE AO HIPÓDROMO DE ANTELA

amateurcup1_opt
A II SPANISH AMATEUR CUP VOLVE AO HIPÓDROMO DE ANTELA

O sábado 21 e 22 de xulio sucederánse as carreiras, tanto de maña coma de tarde

Por segundo ano consecutivo celebrase no Hipódromo de Antela a II SPANISH AMATEUR CUP, esta fin de semana, os días 21 e 22 de xulio. Esta copa está reservada a cabalos de Pura Raza Árabe, de aptitude e morfoloxía deportiva, co engadido de que os presentadores e deportistas son exclusivamente amateurs. Esta actividade enmárcase nas accións de promoción del PRA (Pura Raza Árabe) a través de ALJASSIMYA FARM (QATAR) e que resulta puntuable para o campionato do mundo que se celebrará en París. Este é o terceiro concurso da tempada que se celebra en España logo do concurso da Isla de A Toxa e Silleda.

As carreiras sucederánse dende o sábado as 12:30h da maña ata as 20h da tarde e o domingo dende as 10:30h da maña ata as 19h da tarde. No evento, colaboran a Federación Hípica Galega, o Concello de Xinzo, a Área de Servizo Antela, Aljassimya Farm, a Deputación Provincial de Ourense e o Club Deportivo Ecuestre de Ourense. Na clasififación provisional para a final do Campionato do Mundo en París temos varios españois encabezando as listas, con claras opcións para chegar á final.

Ao concluír a proba de velocidad do sábado as 20h, todos os participantes e acompañantes están convidados a un refrixerio por cortesía do Concello de Xinzo e o Hipódromo de Antel