O II Torneo solidario de Fútbol sala de Xinzo de limia terá un colaborador excepcional

image1
O II Torneo solidario de Fútbol sala de Xinzo de limia terá un colaborador excepcional

O Ex colexiado internacional Fifa, Bernardino González Vázquez aceptou \“apadrinar\” esta segunda edición

O Ex colexiado internacional Fifa, Bernardino González Vázquez, apoiando o II Torneo solidario de Fútbol sala de Xinzo de limia, organizado por Novas Xeracions de Xinzo, acudirá o día 12 de xullo, a entrega dos trofeos.

O presidente de NNXX, quere agradecer a implicación do colexiado internacional, e a sua colaboración con este evento solidario que se celebrará o fin de semana do 11 e do 12 de xullo, co obxectivo de pasar un Bo fin de semana de futbol sala e recaudar a maior cantidade de alimentos posible para Caritas parroquial.

Agardamos que este evento solidario sexa todo un éxito e esperamos a máxima participaciòn cidadá para colaborar con alimentos coa xente que máis o precisa.

A Concelleira de Comunicaciòn, Relaciòns Institucionais e Protocolo do Concello de Xinzo anima a todos os veciños a colaborar con este magnífico torneo para poder acadar máis kilos de comida entre todos para axudar aos máis desfavorecidos