O II Trail e Andaina polos montes de Sandiás terá lugar en xullo

IMG_5407
O II Trail e Andaina polos montes de Sandiás terá lugar en xullo

Haberá unha carreira gratuíta para nenos e nenas.

O vindeiro día 8 de xullo, os montes do concello limián de Sandiás serán escenario de tres competicións deportivas. O II Trail Montes de Sandiás –de 17 Km de distancia– complementarase cunha andaina de 16 Km e unha carreira dirixida aos máis pequenos.

O prezo de inscripción no trail será de 10 € e o da andaina de 6 €. Porén, a carreira enfocada aos menores será gratuíta. O Concello de Sandiás informa de que haberá pinchos para os participantes.

IMG_5406

O prazo de inscripción remata o vindeiro mércores, día 5 de xullo. Para se anotar é preciso entrar na páxina web: http://trailsandias.galitiming.com/