Os infantís da EDC Xinzo sacan un punto do campo do Pabellón

Infantil A- Liga Galega-EDC Xinzo
Os infantís da EDC Xinzo sacan un punto do campo do Pabellón

Con 7 puntos, o equipo limiá espera a semana que ven a visita do Celta.

Por pouco os limiás danlle un susto de verdade ao invicto Pabellón de Ourense na Liga Galega. A poucos minutos para o final os visitantes tiñan un marcador de 2-3, ata que nunha falta a borde da área os ourensáns lograron empatar.

Na primeira metade os limiás foron ao descanso perdendo de un, aínda que o balón sempre estaba na súa posesión, e para unha vez que os locais traspasaron a metade do campo marcaron un gol.

Na segunda parte o equipo local “veuse arriba” e marcou un segundo gol. David encargouse de desequilibrar o marcador con dous goles que puñan o marcador en 2-3, ata que faltando pouco para o remate do partido os ourensáns marcaron o gol do empate.