A proba está organizada polo Concello de Sandiás e Limiactiva e celebrarase o día 1 de xuño
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Abriuse xa a inscrición para a V Carreira Popular Torre do Castro que se celebrará o vindeiro domingo 1 de xuño. A proba está organizada polo Concello de Sandiás e Asociación Deportiva Limiactiva e todo o que desexe participar deberá anotarse antes do 29 de maio premendo neste link.
A clasificación desta proba será absoluta e por categorías e a saída estará situada detrás da Casa do Concello, sendo a meta o colexio para a carreira absoluta. Para o resto de carreiras á saída e meta será detrás da Casa do Concello. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
Carreira por equipos
Tamén e posible render esta proba por equipos. Os conxuntos deberán estar conformados por catro atletas, sendo obrigatorio que cando menos un deles sexa unha muller. A inscrición para eles terá tamén un cauce diferente, deberá formalizarse mediante un correo electrónico a [email protected] indicando o nome do equipo e dos seus compoñentes.