Julio Rodríguez e Moncho Barxe seguirán comandando o Antela FC

IMG-20200608-WA0007
Julio Rodríguez e Moncho Barxe seguirán comandando o Antela FC
A xunta directiva saída do proceso electoral recente móstrase moi satisfeita pola renovación do equipo técnico

Con esta decisión mantense a filosofía de apostar por xente da casa. A entidade pataqueira xa se atopa negociando a renovación dos xogadores.

DESPEDIDA DO PRESIDENTE

Por outra banda, para esta sexta feira está marcada a Asemblea de socios onde se decidirán os cargos directivos e se despedirá o presidente saínte Pepe Pérez.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas para dirixir a entidade deportiva, solo se presentou a formada polas persoas que o viñeron facendo durante estes últimos catro anos. É de supoñer que a asemblea de socios dea o visto e prace para continúen, sabéndose xa que non continuará na directiva o que estes últimos anos foi o seu presidente Pepe Pérez.