Krav Maga, no ximnasio Body fitnes de Xinzo

Momento exhibición
Krav Maga, no ximnasio Body fitnes de Xinzo

Este é un sistema de defensa empregado polo exercito israelí

Krav Maga que ben do hebreo siñifica \“combate corpo a corpo\”. Este sistema de defensa é empregado oficialmente polo exército israelí e polos corpos de seguridade de moitos outros países entre eles os de EE.UU.

Pódense distinguir, segundo o monitor co que falamos o pasado sábado nun descanso , varias modalidades segundo quen o está a practicar.

Como defensa persoal civil o obxectivo sería a inmobilización do noso agresor para poder irnos do lugar.

Cando é unha muller sempre se utiliza menos forza. Trataríase de repeler a posible agresión, para que fose o outro que fuxa.

Cando se trata de forzas dos exércitos , loxicamente é a morte do contrario.

No tocante a última modalidade de forzas de seguridade públicos ou privados o seu obxectivo é a inmobilización para polo a bo recado.

Aínda que pareza un deporte agresivo, todo depende de quen o imparta. Debería ser un sistema defensivo, aínda que loxicamente tamén é agresivo.

Todos ós que queiran saber mais ou practicar teñen que acudir os sábados pola mañá ata as súas instalacións.

Este sábado atopábanse practicando o Krav Maga deportistas e membros de seguridade.