A Liga de Veteranos de Xinzo finaliza coa vitoria de Pretensados Hermanos Ferreiro e Talleres Craf

CAMPIONS
A Liga de Veteranos de Xinzo finaliza coa vitoria de Pretensados Hermanos Ferreiro e Talleres Craf

A Liga de Veteranos resolveuse na tarde noite do xoves. Os equipos clasificados chegaron ó pavillón municipal de deportes para loitar pola vitoria logo de meses de encontros e sacrificios.

A xornada rematou co triunfo de Pretensados Hermanos Ferreiro que se consolidou como campión da Liga Fútbol Sala 2016. O equipo enfrontouse ó Patatas Guerra e tras quedar 2-2, pasaron a resolver o encontro cunha tanda de penaltis.

A vitoria foi para o Pretensados Hermanos Ferreiro.

FEIJOO

O Patatas Guerra quedou como subcampión da categoría.

PATATAS

Emoción ata o final, así se viviu tamén o partido entre Talleres Craf e Catro Amigos, que tras acabar empatados 1-1, tiveron que dar paso ós penaltis. FInalmente consolidouse como campión de Copa o Talleres Craff.

TALLERES

O Catro Amigos consolidouse como subcampión.

AMIGOS

Ó remate dos encontros procedeuse a correspondente entrega de trofeos da man do concelleiro de deportes de Xinzo de Limia.