Unha limiá no podio na V Carreira Popular Torre do Castro

gañadoras
Unha limiá no podio na V Carreira Popular Torre do Castro
Fátima Gónzález foi a única atleta da comarca que conseguiu colarse entre os primeiros postos REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia  A Carreira Popular Torre do...

Fátima Gónzález foi a única atleta da comarca que conseguiu colarse entre os primeiros postos

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

 A Carreira Popular Torre do Castro é coma o amor, non ten idade. Setenta e sete anos lle leva Manuel Fernández, o atleta máis veterano que participou na edición deste ano ao máis novo, Martín Barja que nacía en setembro de 2012. Cinco foron as carreiras programadas pola organización, a cargo do Concello de Sandiás e a Asociación Limiactiva e soamente unha limiá, Fátima González foi quen de colarse no podio da proba xeral, acadando o terceiro posto. O triunfo foi para Santiago López do Porriño na categoría masculina e para Silvia Rodríguez da Cañiza na feminina.

 Na categoría dos atletas locais, é dicir, aqueles empadroados no Concello de Sandiás, destacaron Ignacio Feijóo e Tania Morán, nunhas probas que por quinto ano consecutivo buscan “promover a práctica deportiva”.A Torre do Castro e o San Bieito de Uceira, foron “testemuñas un ano máis, do estado de forma dos intrépidos atletas que se atreveron a desafiar as duras costas que levan ata a capela do santo”.